Este é o blogue que a ouriza Lenda escribe para amosarnos todo o que sucede na bilbioteca escolar do CEIP de Barouta; axúdanlle neste traballo as mestras: Anita, María e Marta.
Comezamos o ano falando de PAZ. Sempre falamos de paz, de saber convivir, de non discriminar... por que custa tanto levar a cabo estas ideas se non paramos de repetilas? O caso é que o 15 de Xaneiro é o Día de Martín Luther King Jr. Ese home que loitou polo dereito dos homes e mulleres de raza afroamericana nos Estados Unidos.
Un dos discursos máis coñecidos deste defensor do ser humano titúlase "Eu tiven un soño". El tiña un soño onde os fillos dos antigos escravos e os fillos dos que tiñan escravos podían esquecer todas as diferencias pasadas e comer xuntos na mesa; un soño onde os seus catro fillos vivirían nun país que non os xulgaría pola cor da súa pel...
Ola a todos e todas! Este Nadal as bibliotecas públicas de Ames vos suxerimos algúns libros que pensamos que vos poderían gustar. Cantos coñecedes estes títulos?
Se algún rapaz ou rapaza quere falarme dos libros que liu durante estas vacacións esterei moi feliz en escoitarvos.