Dende hoxe día podedes chamarme FORTR4SNO!
sábado, 22 de abril de 2017
Pere Tobaruela e as formigas
Tamén o venres o alumnado de 4ºEP tivo a visita de Pere Tobaruela. Foi unha charla moi divertida sobre uns libros moi divertidos!! Os FORMIG4S!
jueves, 20 de abril de 2017
Lectoraslibroslecturaslectoresoíntesarte - Contacontos I
Lectoraslibroslecturaslectoresoíntesarte por todas partes!!!
Durante as horas de recreo, alumnado voluntario está lendolle aos seus compañeiros e compañeiras. É moi bonito ver como lle gusta desfrutar dun bo libro (que eles e elas escolleron) e do resto da rapazada que os escoita atentos.
As primeiras foron:



Carla Érika e Mara
Grazas por participar a todos e todas.
Hoxe houbo máis, mañá volo conto. Estade atentos e atentas!
Durante as horas de recreo, alumnado voluntario está lendolle aos seus compañeiros e compañeiras. É moi bonito ver como lle gusta desfrutar dun bo libro (que eles e elas escolleron) e do resto da rapazada que os escoita atentos.
As primeiras foron:



Carla Érika e Mara
Grazas por participar a todos e todas.
Hoxe houbo máis, mañá volo conto. Estade atentos e atentas!
Semana do Libro
Quería lembrarvos que todos os membros da comunidade educativa vos podedes achegar e desfrutar da nosa Bibliobarouta. Puxemos un tenderete para que vexades as novidades que mercamos máis destacadas e outros títulos que consideramos interesantes. Podedes vir e botarlles un ollo por se os queredes emprestar. Agárdovos aquí!
David Pérez Iglesias
Comeza na Bibliobarouta a Semana do Libro e non puido ser de mellor forma.
David Pérez Iglesias, autor de Todo o tempo do mundo, estivo co alumnado de 5º e 6º EP. Foi una grande experiencia, entrañable e interesante. Dende aquí recoméndovos a todos e todas esta lectura, aínda que sexa un libro xuvenil (Premio Merlín 2016).
Moitas grazas David (Ariadna, Valente, Segundo...)
lunes, 3 de abril de 2017
Mochilas viaxeiras de viaxe
Tamén marchan as primeiras mochilas viaxeiras. Empezamos con esta actividade en segundo de primaria con idea de estendela ao resto de niveis.
É una boa actividade para desfrutar en familia. A mochila contén:
- un libro de información de animais.
- un conto sobre animais.
- una poesía.
- una receita.
- un libro con cd musical.
- un DVD de debuxos clásicos.
- una libreta viaxeira para que as familias e o alumnado compartan as súas impresións.
Primeiros pasaportes lectores rematados!
O alumnado de 1ºEP Laura e Juan foron os primeiros en vir á bibliobarouta a entregar o seu pasaporte lector.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)