Un ano máis dende a BiblioBarouta queremos ofertar actividades e material para os nosos nenos e nenas. Coma sempre está o noso recunchiño coas lecturas: banda deseñada, teatro, música, novela, poesía, xornais...
Pero este ano, vendo a transformación que está sufrindo esta celebración quixemos preparar un tríptico para a comunidade explicando a orixe do Samaín. Está moi ben interesarse ou incluso copiar intereses de fóra, pero se temos xa algo propio porque olvidalo?
Dende a BiblioBarouta tamén nos propuxemos este ano a elaborar un pequeno glosario de vocabulario en lingua galega que cremos que todos e todas debemos coñecer xa que é unha forma de conservar as nosas costumbres.
Desta forma todas as aulas atoparon esta pequena sorpresa nas súas aulas.
Tiveron que investigar e axudar a Lenda
No hay comentarios:
Publicar un comentario