jueves, 22 de junio de 2017

Benvidxs ao teatro

O corredor principal do segundo andar converteuse nun teatro coa actuación dalgunhas mestras do centro.
 
A adaptación da obra foi traballo da mestra Elena, do equipo da Biblioteca escolar; a decoración foi parte do alumnado de 6ºEP e os efectos especiais púxoos o mestre Camilo.
 
 
ALCALDESA: Elena
CASIMIRO: Marta
LOURENZA: Mari
NARRADORA: Patricia
TRABALLADOR DO CONCELLO: Tere
VECIÑOS: Mari


GRANDES!!!!

jueves, 15 de junio de 2017

Anxo Moure

Logo da magnífica representación da Galiña Azul, tivemos a visita de Anxo Moure que aproveitou o día de sol que había en Barouta para presentar o seu libro, Caramulo e a carpinteira dos soños, para o alumnado de 1º EP.

lunes, 15 de mayo de 2017

A GALIÑA AZUL

E en breve teremos una representación deste obra de Carlos Casares, A galiña azul, por parte dalgunhas mestras do cole!!


O alumnado de 6ºEP estívolles axudando cos decorados.
 
   


 

LETRAS GALEGAS, CARLOS CASARES

O alumnado do CEIP Barouta leva varias semanas lendo e coñecendo a obra de Carlos Casares.
Na bibliobarouta as miñas axudantas deixáronlles varios destes títulos na mesa de destacados.

 
Tamén debuxaron as súas interpretacións das portadas de Carlos Casares que están repartidas por todo o centro; porque
 
NÓS EN GALEGO...FACEMOS DE TODO
 


 
 

Mochilas viaxeiras

Estes alumnos de segundo tamén levaron a súa mochila viaxeira durante una semana.
Espero que a desfrutarades!

jueves, 20 de abril de 2017

Lectoraslibroslecturaslectoresoíntesarte - Contacontos I

Lectoraslibroslecturaslectoresoíntesarte por todas partes!!!


Durante as horas de recreo, alumnado voluntario está lendolle aos seus compañeiros e compañeiras. É moi bonito ver como lle gusta desfrutar dun bo libro (que eles e elas escolleron) e do resto da rapazada que os escoita atentos.
As primeiras foron:





         Carla                 Érika        e          Mara
 
 
 
 

Grazas por participar a todos e todas.
Hoxe houbo máis, mañá volo conto. Estade atentos e atentas!

Semana do Libro

Quería lembrarvos que todos os membros da comunidade educativa vos podedes achegar e desfrutar da nosa Bibliobarouta. Puxemos un tenderete para que vexades as novidades que mercamos máis destacadas e outros títulos que consideramos interesantes. Podedes vir e botarlles un ollo por se os queredes emprestar. Agárdovos aquí!











Boas lecturas.