domingo, 30 de enero de 2022

Día da Ilustración 2022

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. E que mellor forma temos de facelo en biblio Barouta que presentando o póster que ilustra o PDI deste curso: Imaxes Literarias. 

Tanto o lema como os debuxos foron deseñados polo alumnado, seleccionados de entre varias propostas recollidas no concurso que celebramos o pasado 24 de outubro, Día da Biblioteca.

Nada mellor pode definir o PDI deste curso, relacionado coa toma de conciencia en torno ao poder das imaxes, que esta frase: Imaxes Literarias, cabezas imaxinarias.

E é que o mundo ten un tsunami de imaxes!


miércoles, 12 de enero de 2022

Maleta viaxeira

 Comezamos o ano con moita creatividade grazas á maleta viaxeira de bibliotecas escolares. 

Non só temos unha chea de títulos interesantes, tamén diversos xogos para poñer en práctica e fomentar a creatividade no alumnado.