viernes, 22 de abril de 2022

Semana do Libro

Esta semana, con motivo da celebración da Semana do Libro, tivemos en biblio Barouta ao autor Luis Vallecillo, "Papabuis", que veu presentarnos a animación musical "A linguaxe esquecida".

No espectáculo, Papabuis comeza unha viaxe que é unha promesa familiar, percorrer "O camiño de Santiago". Nel vivirá catro aventuras nas que descubrirá as claves para atopar un tesouro agochado no mesmo corazón das persoas: a linguaxe universal a través da cal todas e todos podemos conectarnos e crecer como comunidade. Tamén nos presentou algunha canción (Amodiño, A Galiña Azul...) do autiolibro-disco "Cantamos?".

Ademais, nesta semana tan especial, tamén preparamos un pequeno expositor no que se explica brevemente a historia do libro, e onde o alumnado puido contestar a 5 preguntas sinxelas para conseguir un marcapáxinas.

Deixamos aquí unha presentación curtiña con algunhas fotografías.

sábado, 2 de abril de 2022

Día das Artes Galegas

O pasado día 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas, dedicado á figura de Laxeiro. 

Posto que o PDI deste curso xira arredor das artes, desde biblio Barouta propuxemos a creación dun mural colectivo, homenaxeando ao pintor. Este foi o resultado: