lunes, 25 de noviembre de 2019

BiblioBarouta móbil

Como xa fixemos anos anteriores na celebración do Día do Libro, organizamos unha biblioteca móbil para baixar ao pavillón, dado que tiñamos un montón de fondos interesantes sobre esta celebración e pensamos que todas as festas son un momento perfecto para que alumnado e familias se reúnan e  disfruten dun momento de ler.

Foi tal o éxito que o faremos en todas as festas!!


domingo, 27 de octubre de 2019

samahin

Un ano máis dende a BiblioBarouta queremos ofertar actividades e material para os nosos nenos e nenas. Coma sempre está o noso recunchiño coas lecturas: banda deseñada, teatro, música, novela, poesía, xornais...


Pero este ano, vendo a transformación que está sufrindo esta celebración quixemos preparar un tríptico para a comunidade explicando a orixe do Samaín. Está moi ben interesarse ou incluso copiar intereses de fóra, pero se temos xa algo propio porque olvidalo?




Dende a BiblioBarouta tamén nos propuxemos este ano a elaborar un pequeno glosario de vocabulario en lingua galega que cremos que todos e todas debemos coñecer xa que é unha forma de conservar as nosas costumbres.
Desta forma todas as aulas atoparon esta pequena sorpresa nas súas aulas.

Tiveron que investigar e axudar a Lenda


sábado, 26 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como todos os anos, estivemos durante estes primeiros meses organizando a apertura da BiblioBarouta e a inauguración do noso PDI: FÁLAME QUE TE ESCOITO

Este ano quixemos que o Proxecto Documental Integrado de centro teña relación directa co tema elexido por bibliotecas escolares. Así que estivemos agardando por este cartel...


O voluntariado da nosa biblioteca preparou en horario de recreo unha pequena obra de teatro explicando o funcionamento da biblioteca. O profe Camilo, encargado do Equipo TICs da escola preparou un video con alumnado de 3ºEP como aquel programa "Cosa de niños", recordades?
Os alumnos e alumnas tiñan que adiviñar exemplos de habilidades sociais que os compañeiros e compañeiras lles explicaban con varias pistas.
Xa pudieron ver as caixiñas bonitiñas e discretas onde gardamos os carnets, e que o luns aparecerán nas aulas.
Tamén avisamos que Lenda ía organizar actividades para todas aquelas aulas que quixeran participar, pero iso... irá na seguinte entrada.




jueves, 10 de octubre de 2019

NOVO CURSO, NOVO GRUPO DE VOLUNTARIADO

A BiblioBarouta abrirá as súas portas en poucos días!!
O voluntariado está preparando todo para que quede perfecto!





O trasno segue na súa antiga casa, a nova aula maker, por aí anda aprendendo todo o mundo da robótica, de videos, de radio...
Mentres Lenda nos está axudando moito!


Aquí estamos, na nosa primeira reunión formativa: Elena, Iria, Noela, Sofía, Nadir, Andrea, Valeria, Alba, Lucía, Marcos, Saxa, Yaiza, Candela, Érika (e Carla).