sábado, 26 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como todos os anos, estivemos durante estes primeiros meses organizando a apertura da BiblioBarouta e a inauguración do noso PDI: FÁLAME QUE TE ESCOITO

Este ano quixemos que o Proxecto Documental Integrado de centro teña relación directa co tema elexido por bibliotecas escolares. Así que estivemos agardando por este cartel...


O voluntariado da nosa biblioteca preparou en horario de recreo unha pequena obra de teatro explicando o funcionamento da biblioteca. O profe Camilo, encargado do Equipo TICs da escola preparou un video con alumnado de 3ºEP como aquel programa "Cosa de niños", recordades?
Os alumnos e alumnas tiñan que adiviñar exemplos de habilidades sociais que os compañeiros e compañeiras lles explicaban con varias pistas.
Xa pudieron ver as caixiñas bonitiñas e discretas onde gardamos os carnets, e que o luns aparecerán nas aulas.
Tamén avisamos que Lenda ía organizar actividades para todas aquelas aulas que quixeran participar, pero iso... irá na seguinte entrada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario