jueves, 30 de marzo de 2017

A Bibliobarouta esténdese!!!

A maxia da bibliobarouta esténdese polos corredores do centro. Polo momento engadimos un pequeño salón para ler, debuxar, crear... pero non só para os alumnos e alumnas, tamén para todas as familias que queirades pasar por aquí.
Ao lado temos una zona de xogos de mesa na que sempre hai xente!
 Xente contenta pasándoo ben xunta... trasno feliz!




domingo, 26 de marzo de 2017

O Bardo Abelardo

O Bardo Abelardo chegou ao cole para contarnos As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e outras historias de Carlos Casares!
Actuou para Educación Infantil e 2ºEP. Foi moi divertido!
 
 



 Unha vella tiña un can
Unha vella tiña un can
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o can ladraba,
e a vella dicía:
- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña un gato
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña un rato
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o rato chiaba,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña un galo,
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o galo cantaba,

e o rato chiaba,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña unha pita,
debaixo da cama
onde ela durmía,
e a pita piaba,
e o galo cantaba,

e o rato chiaba,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.




Grazas!

investigando sobre animais

Esta semana tamén pasaron pola bibliobarouta a investigar un pouco sobre os animais o alumnado de 3ºA.







Moitas grazas!
O trasno está inmesamente feliz cando pasades por aquí!

Pasaporte lector

Todo o alumnado de Educación Primaria recibiu unha carta no buzón da bibliobarouta e... un pasaporte lector!


Como explicaba a carta, os alumnos e alumnas teñen que ler seis libros, cubrir una pequeña reseña deles e valoralos. Logo disto entregarán o pasaporte a alguna das miñas axudantas que lles porán o selo da biblioteca e se cadra... haberá alguna sopresa máis.

Axudantes do trasno

As miñas axudantas estiveron formando aos axudantes e ás axudantes da bibliobarouta, esta vez aos de 6ºEP. Nos recreos, este alumnado axuda aos seus compañeiros e compañeiras recomendándolles títulos ou axudándolles se precisan buscar algún fondo. Tamén axudan ás mestras na organización dos libros pola bibliobarouta.







Moitas grazas!

domingo, 19 de marzo de 2017

a poesía está en todas partes

Levo todo o "finde" lendo, coma sempre, pero desta vez estou inmerso en libros de poesía que non podo deixar. Lembrade que o 21 de marzo é o Día Internacional da Poesía, e a poesía está... en todas partes!

Anímate a gravar una poesía e mandarma, pode ser alguna poesía que che guste, que saibas de memoria ou que teñas que ler, que cha contara alguén, mesmo que inventaras... Alimentemos o blog da bibliobarouta de poesías!

Versos vegetales, Teresa Novoa. ANAYA


miércoles, 15 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER

Na BiblioBarouta estiven moi atarefado preparando materiais para este día. Enchimos o corredor con imaxes de mulleres relevantes na historia, tamén deixamos fondos para que todos e todas puidesen ler sobre elas.