domingo, 26 de marzo de 2017

O Bardo Abelardo

O Bardo Abelardo chegou ao cole para contarnos As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e outras historias de Carlos Casares!
Actuou para Educación Infantil e 2ºEP. Foi moi divertido!
 
 



 Unha vella tiña un can
Unha vella tiña un can
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o can ladraba,
e a vella dicía:
- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña un gato
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña un rato
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o rato chiaba,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña un galo,
debaixo da cama
onde ela durmía,
e o galo cantaba,

e o rato chiaba,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.

Unha vella tiña unha pita,
debaixo da cama
onde ela durmía,
e a pita piaba,
e o galo cantaba,

e o rato chiaba,
e o gato miañaba,
e o can ladraba,
e a vella dicía:

- Mal raio che parta meu can,
que mal agradeces
o pan que che dan.




Grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario