sábado, 17 de diciembre de 2016

PREMIO!

Estou moi ledo de compartir esta grande noticia!
Os alumnos e alumnas da aula de 6ºEP e a súa mestra Pilar gañaron este concurso de poesía! 

Noraboa!


Primeiro contacontos na BiblioBarouta neste curso.

O venres 16 estrenamos o periodo de contacontos na BiblioBarouta
Tivemos moita sorte porque dous amigos do cole, Loly Gómez e Alfonso Jiménez presentáronnos Conto contiño.

 




A escritora Loly Gómez, é ademais a nai do noso compañeiro Nadir.

Son un trasno moi feliz porque día a día a BiblioBarouta é máis divertida e cada vez veñen máis amigos e amigas a verme! Simplemente grazas. 

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Conto contiño

Estou moi contento de contarvos que teremos á nosa primeira conversa cunha autora e ilustrador neste curso. Ademais é unha visita moi especial posto que se trata da nai do compañeiro Nadir.
Loly Gómez Oviedo e o ilustrador Alfonso Jiménez García estarán este venres na BiblioBarouta para presentar:




Últimos días de 2016 na BiblioBarouta

Xa só queda unha semana para o festival de Nadal e todos e todas estamos a preparar actuacións, pero entre tanto hai momento para pasar pola BiblioBarouta. Cada día está máis chea, grazas a todos e todas por vir, especialmente aos axudantes!

 

E mirade que chula está quedando, lembrade que na entrada, coma sempre poñemos os libros relacionados coas festividades que se celebran e este mes de decembro por partida dobre: O  Nadal e Roald Dahl comparten mesa!

 








miércoles, 7 de diciembre de 2016

Mamá Cabra e o Nadal

E seguimos coas cancións de Nadal, está vez por parte de Mamá Cabra.


 Pasade boa finde, a bailar e cantar moito!

martes, 6 de diciembre de 2016

Matilda tamén nos recomenda...

A Matilda que está no póster e máis eu falamos todas as noites cando xa marchades. Díxome que está moi contenta porque moitos nenos e nenas lle recomendaron un libro para ela lea.


Por iso recoméndanos xunto coa Equipa de Convivencia do cole, esta curtametraxe preciosa (se queredes ver o video completo podedes emprestalo na BiblioBarouta xunto co libro) e así recordar que o o día 3 de decembro foi o Día Internacional das persoas con discapacidade.


Con este video poderemos aprender moito e deberiamos intentar axudar a todos estes compañeiros e compañeiras ou persoas maiores, animais, que teñen algunha discapacidade, non si?

APALPADOR e MALVELA

Ademais de Roald Dahl non podemos esquecernos do Apalpador que ben prontiño baixará e virá ao noso cole!!
Aquí vos deixo o video que seleccionou a Equipa de Dinamización da Lingua Galega do grupo Malvela.

Aprendede a letra e así a cantamos todos xuntos!


É preciosa!


sábado, 3 de diciembre de 2016

ROALD DAHL

Este ano que remata en breve é no ano de Roald Dahl. Este marabilloso escritor cumpriría 100 anos. Nós queremos adicarlle este último mes que nos queda para animar á lectura dos seus libros, algúns dos máis emprestados da BiblioBarouta.
 

Tamén lembramos a Quentin Blake, o ilustrador das súas obras, con estes murais dalgunhas das personaxes principais das súas novelas.



E por se fora pouco, queredes xogar con Matilda?
Como sabemos, a Matilda apaixónalle ler; por que non lle recomendar un libro?
Colle un post-it e deixalle a túa suxerencia.


Eu xa sei a miña; sendo o trasno enmarañado... calquera da colección "Os contos do trasno" de Kalandraka

jueves, 1 de diciembre de 2016

Momentos máxicos na BiblioBarouta

A BiblioBarouta é un lugar máxico onde teñen lugar momentos coma estes:



Dúas compañeiras co mesmo libro, unha léndollo á outra. Fermoso, non si?
Esa é a maxia da lectura.

Boas noites, e boas lecturas sempre!