sábado, 3 de diciembre de 2016

ROALD DAHL

Este ano que remata en breve é no ano de Roald Dahl. Este marabilloso escritor cumpriría 100 anos. Nós queremos adicarlle este último mes que nos queda para animar á lectura dos seus libros, algúns dos máis emprestados da BiblioBarouta.
 

Tamén lembramos a Quentin Blake, o ilustrador das súas obras, con estes murais dalgunhas das personaxes principais das súas novelas.



E por se fora pouco, queredes xogar con Matilda?
Como sabemos, a Matilda apaixónalle ler; por que non lle recomendar un libro?
Colle un post-it e deixalle a túa suxerencia.


Eu xa sei a miña; sendo o trasno enmarañado... calquera da colección "Os contos do trasno" de Kalandraka

2 comentarios:

  1. Grazas, Trasno. Roald Dhal gústame moito. Está quedando ese recuncho moi moi fermoso. Parabéns!

    ResponderEliminar