martes, 13 de octubre de 2020

PREPARANDO O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas. Como todos os cursos, estamos apurando o traballo para ter todo listo para esa semana.
Nesa celebración presentarase o PDI do centro e explicarase o servizo de préstamo.

Esta vez, por motivos lóxicos non será igual que os cursos anteriores, pero todo o alumnado poderá levar fondos da nosa biblioteca para as súas casas a partir da semana do 26 de outubro.

Cando eles e elas teñan as pautas colgarémolas aquí, pero para que vos vaiades facendo unha idea, este curso a grande bibliobarouta terá biblios pequeniñas repartidas polas aulas (e ata aquí podo ler...)

miércoles, 7 de octubre de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2020-21 NA BIBLIOBAROUTA

Benvidas e benvidos un curso máis á Bibliobarouta!
Este ano actualizamos as redes sociais e ademais deste blog temos conta de INSTAGRAM. Como non podía ser doutra forma chámase


Vémonos e coma sempre... Boas lecturas!