sábado, 21 de noviembre de 2020

USO DA BIBLIOTECA

Estas son as pautas que temos para este curso covid:

HORARIO
A biblioteca sempre está aberta pero neste curso non poderemos entrar e saír con total liberdade como faciamos ata o de agora.

Durante este curso non poderemos usar os corredores como viñamos facendo, así que moitas actividades ubicaranse na BE, como as sesións de relixión católica ou valores. Outras en cambio trasládanse ás aulas, como robótica.
Aínda así todas as aulas teñen unha sesión semanal para facer dinámicas dentro da biblio.

EMPRÉSTITO
No recreo a biblioteca permanecerá pechada por falta de persoal dados os reagrupamentos en grupos burbulla, así que o empréstito e devolución correrá por parte das titoras coa xestión do persoal da BE.
Para iso, cada aula terá carriños de biblioteca de aula onde con moito coidado Lenda e as súas colaboradoras puxeron libros de investigación, xornais, lecturas, poesía... seguindo as indicacións do alumnado de cada aula.
Estes carriños estarán en cada aula 2/3 semanas, segundo o propio alumnado e a súa titora vaian solicitando.

FONDOS
Ademais dos fondos propios da BE que cada aula vaia solicitando, están dispoñibles mochilas viaxeiras temáticas que ben poden quedar como respositorio de aula ou para levar a casa.
O alumnado e EI tamén levará unhas mochilas viaxeiras individuais que entrega o Departamento de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.
(Estas mochilas son propiedade do centro, hai que devolvelas cando titoras ou persoal de BE as reclamen).

XOGOS
Os xogos que había na BE se repartiron polas aulas segundo as peticións de titorías, para que todo ese material poida disfrutarse dentro da aula con total seguridade.

RADIO BAROUTA
Este ano o equipo de radio é portatil, pero segue en marcha da man do director Caxade, tanto nas emisións da hora de recreo como nas novas gravacións.
Podedes disfrutalas premendo no enlace que vedes na columna da dereita.

AULA MAKER/ROBÓTICA
Este espazo é agora unha aula de 2ºciclo, pero o seu material segue dispoñible para quen o solicite. Só hai que traballar con el en aula ou na nosa sesión de biblitoeca; desinfectar ben as mans e o equipo antes e despois de usalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario