lunes, 24 de octubre de 2016

FELIZ dÍA iNTERNACIONAL dAS bIBLIOTEcas!!!!

Hoxe, como xa anunciei estes días, é o Día Internacional das Bibliotecas. Así que FELICIDADES!!!! á BiblioBarouta!!! e a todos os usuarios e usuarias da BiblioBarouta e todas as bibliotecas!
Hoxe invitei a todos os alumnos e alumnas e aos seus mestres e mestras á BiblioBarouta. Explicamos algunhas cousiñas da biblio: como facer o empréstito e a devolución, as cores novas de cada nivel, a zona dos libros sobre o horto que temos... moitas cousas!
Logo disto, o dire Alonso contounos a historia de O homiño de papel. Foi moi bonito e moi divertido! Grazas.


Ao final, descubrimos algunhas das palabras bonitas que, como o homiño, nós propuxemos para que quedasen na BiblioBarouta para sempre.

    

Tamén levamos unha carpeta coa cor do noso nivel e un marcapáxinas. No marcapáxinas levaba o noso nome, a nosa imaxe e o noso código.

Só queda desexarvos boas lecturas e agradecervos a visita!

Por certo, hoxe é un día marabilloso para que me contedes que libros estades a ler... queredes contarmo?

4 comentarios:

  1. Eu estou a ler ``Bat PAT a avoa de Tutankamon" trata sobre un morcego que ten uns amigos que son como os seus irmáns. Bento, 4ºA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bento, que che parece se cando remates o libro facemos un pequeno video e nos contas un pouco que che pareceu; se o recomendas ou non... queres?

      Eliminar
  2. Eu estou a ler "cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis" e trata dun neno que está no día dos reis e levantase a mexar e os reis o escoitan...
    Martiño, 1ºB

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Martiño, estás a ler un libro sobre Martiño? que coincidencia!

      Eliminar