martes, 25 de octubre de 2016

Grande día na BiblioBarouta

Ola a todos e todas. Estou moi contento porque parece que o pasáchedes ben onte na BiblioBarouta. Hoxe había moitos nenos e nenas que viñeron emprestar libros para levar a casa; moito alumnado tamén quedou na hora do recreo para consultar algúns fondos. Foi un día moi bonito, grazas.


Por outro lado estou un pouco triste porque onte vos pedín que me dixerades que libro estabades a ler e ninguén escribiu ningún comentario. Por favor, mozos, mozas, cal é o libro que estades a ler?

Apertas  a todos e boas lecturas!

5 comentarios:

  1. Foi un gustazo ver de novo a BiblioBarouta funcionando! Este ano promete!

    ResponderEliminar
  2. Tes toda a razón; foi un gusto ver a Biblio chea! Mañá máis!

    ResponderEliminar
  3. Gustoume o libro que collín "Bat Pat, la abuela de Tutankamon", xa cho contei na entrada do outro día, non esteas triste Trasno. Bento 4ºA.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume o conto do "homiño de papel" porque ao principio falaba de cousas moi tristes, pero logo falaba de cousas moi contentas... Martiño 1ºB

    ResponderEliminar
  5. Grazas chicos! a min os libros de Bat Pat parécenme moi divertidos! e o conto do homiño de papel foi moi bonito tamén. Non vin o comentario do outro día... Parece que non quedaron ben gardados...

    ResponderEliminar